O Centro Eurolatinoamericano de Mocidade (CEULAJ) en Mollina (Málaga) acollerá a 20ª edición da Universidade de Mocidade e Desenvolvemento, do 15 ao 22 de setembro de 2019. Máis de 200 participantes reuniranse en representación de distintas organizacións xuvenís internacionais para participar, colaborar e axudar coa súa implicación e compromiso na elaboración deste evento de referencia para o traballo de mocidade dentro e fóra de Europa.
As organizacións de mocidade, ou que traballen en temas relacionados coa mocidade, poden propoñer actividades para conformar o programa das Universidades de Mocidade de 2019: a Universidade de Mocidade e Cidadanía Global (en xuño, en Tunes) e a Universidade de Mocidade e Desenvolvemento (en setembro, no CEULAJ), coorganizada polo Injuve.
Cada organización pode participar cos seus membros e grupo de colaboradores e desenvolver o seu proxecto. O Centro Norte-Sur do Consello de Europa, xunto co Injuve e cos integrantes da Rede de Mocidade e Cidadanía Global, serán os encargados de proporcionar o programa común, no que se incentivará a cooperación, o fortalecemento de redes, a aprendizaxe entre iguais e a promoción da igualdade de oportunidades.
Calquera organismo interesado en propoñer algunha actividade para o desenvolvemento das Universidades debe encher o formulario de participación.
Data límite: 24 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario