luns, 18 de febreiro de 2019

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia
A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.
Beneficiarias
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en https://www.cultura.gal/es

Ningún comentario:

Publicar un comentario