Subvencións a proxectos da mocidade que traballe en zonas rurais
28 Xan 2019
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) convoca
subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en
actividades non agrícolas, destinadas a mellorar, ampliar e/ou
modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non
agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de maquinaria e
equipamentos novos.
Persoas beneficiarias
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Proxectos subvencionables
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios
c) Prestación de servizos en calquera sector económico.
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de certos produtos.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR708B
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2019 e en http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda

Ningún comentario:
Publicar un comentario