venres, 8 de febreiro de 2019

Coaching the Learning process for volunteers

Coaching the Learning process for volunteers

Coaching the Learning process for volunteers

29 Xan 2019
A Axencia Nacional Española (ANE) do programa Erasmus+: Mocidade en Acción, a través da plataforma Salto-Youth, convoca o curso “Coaching the Learning process for volunteers (European Solidarity Corps & Erasmus + Volunteers)” que busca crear un espazo para entender como funcionan os procesos de aprendizaxe no campo do voluntariado.
Requisitos:
Ser maior de 18 anos e traballar no ámbito da mocidade, ser mentores ou  exvoluntarios. Capacidade de comprensión e comunicación en inglés xa que o curso desenvólvese neste idioma.
O curso desenvolverase do 5 ao 11 de marzo de 2019 no Centro  Eurolatinoamericano de Mocidade (Ceulaj), situado en  Mollina (Málaga).
Obxectivos específicos do curso:
- Compartir preguntas, dúbidas, retos, erros, éxitos, consellos e experiencias entender e analizar os nosos procesos anteriores de aprendizaxe.
- Descubrir o Mono- Myth (Hero´s  Journey), como unha forma de entender as fases polas que pasan os voluntarios durante este proceso de aprendizaxe, e entender os momentos clave tanto para os mentores como para os voluntarios.
- Intercambiar exemplos de boas prácticas sobre as experiencias de aprendizaxe durante o tempo de voluntariado e a utilización do certificado  Youthpass, relacionados co estudo, a  empregabilidade e a competencia en diferentes aspectos relevantes da vida adulta (traballo, familia, compromiso cívico, etc.)
- Xestionar a implementación posterior dos resultados desta actividade no seu futuro traballo cos voluntarios, tendo en consideración a súa propio ambiente de traballo e as súas propias características.
A ANE cobre os gastos de aloxamento e manutención durante o curso así como as viaxes excluíndo os desprazamentos locais (domicilio a estación ou aeroporto). A xestión dos billetes das persoas seleccionadas farase desde a ANE, polo que non se reembolsará ningún billete adquirido por outro medio.
Prazo de inscricción: ata o 10 de febreiro de 2019
https://www.salto-youth.net/tools/european-training-calendar/training/coaching-the-learning-process-for-volunteers-european-solidarity-corps-erasmus-volunteers.7731/

Ningún comentario:

Publicar un comentario