Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida
28 Xan 2019
A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado
que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso
académico 2018-2019, nas universidades do Sistema Universitario de
Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por
causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso
académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.
Requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta, situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, vítimas de violencia de xénero, vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2018/19. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019.
c) Estar matriculado, no curso académico 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2019 multiplicada por 1,50.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Prazos:
-Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019.
-Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Ningún comentario:
Publicar un comentario