A Rede Española de Albergues Juveniles (REAJ), en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, pon en marcha un programa para que os/as Correspondentes Xuvenís de diferentes comunidades autónomas poidan desfrutar dunha programación de actividades nun Encontro dunha fin de semana que se desenvolverá no Albergue Xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña).
Seleccionaranse un máximo de 20 correspondentes xuvenís de cada comunidade autónoma.
O encontro será totalmente gratuíto para os participantes seleccionados (actividades, manutención e desprazamento).
Trátase de formar aos/as correspondentes como transmisores de información a outras persoas mozas no que respecta aos albergues xuvenís e as súas posibilidades, carné de alberguista, REAJ… e así promocionar o alberguismo entre a xuventude de distintas comunidades autónomas a través de actuacións conxuntas entre diferentes mozos e mozas, a aprendizaxe mutua e o intercambio de experiencias.
Requisitos:
- Ser correspondente xuvenil
- Cursar 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de bacharelato
- Presentar un video. O video realizarase en grupos de 2 participantes. O video debe amosar e difundir a nosa comunidade autónoma, os seus atractivos, lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.
A duración mínima será dun minuto e máxima de 3.

Prazo: ata o 18 de febreiro. Enviaranse a institutoxuventude.ctb@xunta.gal
A selección dos dez mellores proxectos farase a través dun xurado e os proxectos seleccionados faranse públicos no portal web www.xuventude.net o día 11 de marzo.
Data: O encontro de correspondentes xuvenís terá lugar do 5 ao 7 de abril no albergue xuvenil de Gandarío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario