luns, 18 de febreiro de 2019

I Premio Internacional de Ilustración de Edelvives

Mediante esta convocatoria, Grupo  Edelvives pretende impulsar aos ilustradores para desenvolver a súa carreira artística e profesional, contribuír a dar unha maior visibilidade ao seu traballo, así como establecer novas oportunidades de colaboración co Grupo Edelvives.
Para entrar en concurso, cada participante individual ou cada equipo deberá enviar por correo postal, ou entregar en man na dirección indicada, un sobre que conteña:
Unha breve carta de presentación das mostras de ilustración enviadas, dunha extensión máxima de 3000 caracteres con espazos, en español ou en inglés.
Dúas copias en papel de cada un dos seguintes materiais:
  - 3 ilustracións terminadas, impresas en boa calidade, en formato A3: deberán ser inéditas; poden corresponder a un mesmo estilo ou non. Poden corresponder a unha mesma técnica  ou non. O tema e a técnica son libres.
  - 1 folla impresa en A3 que mostre bosquexos de tema libre en distintas técnicas ou estilos.
  - 1 folla impresa en A3 que mostre personaxes.
  - 1 folla impresa en A3 que mostre primeiros planos faciais de calquera personaxe e que reflictan diferentes expresións.
Todas as ilustracións poden corresponder a traballos profesionais previos non publicados, a creacións persoais ou ser preparados ad hoc para este concurso.
Un sobre pechado ou plica que garanta o anonimato do participante ou os participantes e que conteña: unha folla na que se indique "Grupo  Edelvives - I Premio Internacional de Ilustración 2019", nome e apelidos, dirección postal e de correo electrónico, teléfono de contacto, así como unha breve recensión biográfica de cada participante. O sobre da plica permanecerá pechado ata o fallo do xurado.
A dirección de envío ou entrega é:
Grupo  Edelvives
I Premio Internacional de Ilustración 2019
C/  Xaudaró 25
28034 Madrid
O prazo de admisión estará aberto ata o 22 de abril de 2019.
Requisitos
Poderán optar ao premio, todos os ilustradores de calquera nacionalidade maiores de idade e que á data de peche da convocatoria non superen os 35 anos. A participación poderá ser individual ou en equipo.
Dotación
O premio consistirá na suma de 7.500 euros en concepto de anticipo dos dereitos de autor e a publicación dun libro ilustrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario