venres, 8 de febreiro de 2019

Acceso á universidade para maiores de 25 anos

Acceso á universidade para maiores de 25 anos

Acceso á universidade para maiores de 25 anos

29 Xan 2019
As persoas maiores de 25 anos de idade poden acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao mediante a superación dunha proba de acceso, correspondéndolles preferentemente o acceso naquela universidade ou distrito universitario, de ser o caso, onde teñan superada a mesma.
Poden presentarse á proba as persoas que teñan, como mínimo, 25 anos ou os cumpran no ano natural no que se realice a proba e que non posúan estudos que lle permitan o acceso á universidade (título de Bacharelato ou equivalente, Técnico Superior de FP ou equivalente..).
A convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación das probas son competencia da  Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)
O prazo de matrícula será do 21 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2019 de 9:00 a 14:00 horas
Como é a proba de acceso?
A proba de acceso estrutúrase en dúas fases, sendo obrigatorias ambas as dúas:
- Fase Xeral:
Comprenderá catro exercicios:
Comentario de texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.
Lingua castelá.
Lingua galega (poderán solicitar exención do exame de lingua galega quen non nacera ou non realizara os estudos de bacharelato en Galicia).
Lingua estranxeira (alemán, inglés, italiano, portugués ou francés).
- Fase Específica:
Comprenderá tres exercicios sobre materias das opcións de bacharelato:
Dúas materias obrigatorias
Unha materia optativa
maiores25











http://ciug.gal/infom25.php

Ningún comentario:

Publicar un comentario