venres, 8 de febreiro de 2019

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

30 Xan 2019
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a súa residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. Os estudos conducentes a obtención do título deberon terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas e poderanse realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago de Compostela ou onde esta indique.
O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:
a) Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 15.949,08 €.
b) Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.
c) Seguridade Social: 490,92 €
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2019 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Ningún comentario:

Publicar un comentario