martes, 22 de xaneiro de 2019

Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

02 Xan 2019
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.
Poderá concorrer a este premio alumnado de sexto de educación primaria e de ESO de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral cursados fóra da Comunidade Autónoma con textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.
O alumnado deberá concorrer ao premio con traballos compostos por un conto inédito e un podcast baseado nel. Os contos -inéditos e en lingua galega- estarán relacionados con Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.
O premio será 1.000 € e a emisión do mellor traballo gañador, así como a emisión dos dous que resulten finalistas con el.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 17 de maio de 2019
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-18303.pdf

Formación para menores de 30 anos

Formación para menores de 30 anos

Formación para menores de 30 anos

02 Xan 2019


Máis información:
Departamento de Formación e Orientación Laboral
Teléfono: 981 574 922 (Santiago de Compostela)
Correo electrónico: administracion.stg@apetamcor.com

A mocidade ante o 8 M

A mocidade ante o 8 M

A mocidade ante o 8 M



O Departamento Confederal de Mocidade de USO lanza, en colaboración co Departamento Confederal da Muller, o I Concurso de Curtos, “A mocidade ante o 8 M”.
Este concurso quere mostrar o sentimento da xente nova ante o 8 de marzo, Día da Muller, o que supón para eles e elas a loita polo feminismo e a importancia que debe ter dita loita na sociedade actual.
O concurso, está dirixido a persoas novas de entre 16 e 35 anos, que poderán enviar os seus traballos ata o 17 de febreiro de 2019.
Os curtos, con duración máxima de 150 segundos deberán reflectir que supón o 8 M para a mocidade, tanto en España, como a nivel internacional, xa que é un concurso aberto a toda a poboación de calquera parte do mundo.
Dotación
O curto gañador recibirá un premio de 300€ e haberá outro dous accésit premiados con 100€ cada un.
Bases
http://www.uso.es/wp-content/uploads/2018/12/DEF-cartel-8-de-marzo-2019-concurso-cine-bases.pdf

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
Premios para cada unha das categorías:
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros

Entrega:
Preferiblemente por vía electrónica a través dunha solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O código da solicitude é PR775A.
Tamén se pode entregar presencialmente.
O prazo para presentar os relatos estará aberto ata o 11 de febreiro de 2019.
Documentación que tes que entregar:
1. Presentación electrónica:
a) O texto do conto. Este arquivo nomearase co título do conto e co pseudónimo do seu autor.
b) Unha copia do libro de familia onde consten o nome, os apelidos e a idade do/da menor que se presenta ao concurso.
c) Solicitude
2. Presentación presencial:
a) Un sobre tamaño folio pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, acompañado do pseudónimo e do título do conto. Este sobre incluirá o texto do conto en folio formato A4.
b) Unha copia do libro de familia onde consten o nome, os apelidos e a idade do/da menor que se presenta ao concurso.
c) Solicitude
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019

Axudas para crear empresas de actividades non agrícolas en zonas rurais

Axudas para crear empresas de actividades non agrícolas en zonas rurais

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais.
Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2019 e en http://www.tramita.igape.es

Recursos a disposición das mozas galegas para a prevención da violencia de xénero

Recursos a disposición das mozas galegas para a prevención da violencia de xénero
Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Podes contactar por email, info@querote.org por Whatsapp no 647 018 752 e persoalmente nas distintas oficinas:

 
    Quérote + Santiago.  Rúa Ramón Piñeiro, 19. Tlf: 881 997 613
    Quérote + A Coruña.  Praza de Ourense, 7-8 1º. Tlf: 981 223 913
    Quérote + Ferrol.  Rúa Santa Comba 61. Tlf: 981 317 027
    Quérote + Lugo. Complexo Xuvenil LUG II Rúa Pintor Corredoira 4. Tlf: 982 241 732
    Quérote + Ourense.  No Espazo Xove na rúa Celso Emilio Ferreiro 27 4º. Tlf: 988 231 470
    Quérote + Vigo.  Rúa Ferrería 41. Tlf: 986 095 977
Agresión OFF é unha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.  http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/app-de-agresion
Asesoramento Xurídico On-line
A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha este servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.
Cumprimentando o seguinte formulario, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.  FORMULARIO
Teléfono da Muller
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
    O Teléfono da Muller é o 900 400 273.
As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais desde este portal.
Centros de Información ás Mulleres
Existen diversos CIM en toda Galicia: https://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres
Axudas económicas da Dirección Xeral de Igualdade: A Xunta de Galicia a través de Igualdade conta cunha liña de axudas económicas en materia de violencia de xénero
Delegación do Gobierno para a Violencia de Xénero
http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/informacionUtil/recursos/telefono016/home.htm
Teléfono de atención: 016 (teléfono gratutito que non deixa rastro na factura pero é preciso eliminar do rexistro do teléfono)
# Ctrl non é amor, divertida guía elaborada polo colectivo Saraiba composto por JUDITH VELASCO, ESTHER ARIAS, SANDRA CARRACEDO, RAQUEL MONTESERÍN, ZORAIDA CHAO, ALBA VÁZQUEZ e BENJAMÍN SALVADOR. Contaron coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove

Axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes

Axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantesO Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axuda á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes
Requisitos das persoas beneficiarias
Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.
Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade.
O referido límite será de cinco veces o IPREM* cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.
Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
Contía das axudas
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o o 31 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs
*O valor do IPREM para 2019 está en 537,84 euros/mes