A
Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude
galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades
de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental,
deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para
divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2019.
Así
mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en
materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa
unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia
entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten,
poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan
optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas
reservadas de inclusión.
A
Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación,
que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en
Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
- Condicións xerais (autorización para a publicación de imaxes, servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, protección de datos)
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
- Enlace a Anexos
- Presentación electrónica de solicitudes
- Consulta de solicitudes
- Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí.
DATA DO SORTEO:
A data do sorteo publicarase neste apartadoOs campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
- Condicións xerais
- Prazos
- Cota de participación
- Renuncia á praza
- Documentación a entregar
- Modelos e impresos
- Teléfonos de información
OFERTA 2019:
2º Convocatoria (consulta os prazos)
Si non consegues praza en 1ª convocatoria, estate pendente
da 2ª convocatoria: aqui publicaremos a oferta de repesca antes do 23
de maio para os campos de voluntariado no estranxeiro e 29 de maio para os campos de traballo en Galicia e nas CCAA.>
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
- Programación de actividades de 18 a 30 anos (programa completo, e separado por actividades)
- Reserva de prazas e actividades
A
Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións
xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non
sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do
seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o
acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de
lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e
baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das
súas instalacións xuvenís durante a Campaña de Verán 2019.
Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
Enlace: Información Xeral
Ningún comentario:
Publicar un comentario