Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez
02 Xan 2019
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de
Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame
Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos
Contos.
Poderá concorrer a este premio alumnado de sexto de educación primaria e de ESO de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral cursados fóra da Comunidade Autónoma con textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.
O alumnado deberá concorrer ao premio con traballos compostos por un conto inédito e un podcast baseado nel. Os contos -inéditos e en lingua galega- estarán relacionados con Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.
O premio será 1.000 € e a emisión do mellor traballo gañador, así como a emisión dos dous que resulten finalistas con el.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 17 de maio de 2019
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-18303.pdf

Ningún comentario:
Publicar un comentario