sábado, 27 de abril de 2019

Acción de Verán

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2019.
Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.



ÁREAS DE PARTICIPACIÓN


CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo,  agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
Descarga toda a información dos campamentos.


DATA DO SORTEO: 

A data do sorteo publicarase neste apartado


  CAMPOS DE VOLUNTARIADO
Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
OFERTA 2019:
2º Convocatoria (consulta os prazos)
Si non consegues praza en 1ª convocatoria, estate pendente da 2ª convocatoria: aqui publicaremos a oferta de repesca antes do 23 de maio para os campos de voluntariado no estranxeiro e 29 de maio para os campos de traballo en Galicia e nas CCAA.>

ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.



OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
A Consellería de Política Social  é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a Campaña de Verán 2019.
Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
Enlace: Información Xeral

Ti elixes!!

Ti elixes!!
O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña publica a edición 2019 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.
A Guía Ti Elixes! 2019 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.
O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

Guía Ti elixes 2019

Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río de Monelos s/n
Teléfono: 981 184 294
cmix@coruna.es

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez
A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.
A) Bases modalidade narración:
A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados
serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características:
Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 20 de maio de 2019.
B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XVI Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2019.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.
A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.
Máis información no BOP de Ourense do 23 de abril de 2019 e en http://www.depourense.es/index.php/component/content/article/50-acccesos-directos/2033-institucion-3

STEMweek 2019


STEMweek 2019

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.
En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.
STEMQUENDAS
Requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
Máis información no DOG do 24 de abril de 2019 e en www.edu.xunta.es

XuvenCiencia, campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo


XuvenCiencia, campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo



O Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo é unha actividade divulgativa promovida e organizada polo Grupo XuvenCiencia Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC, formado por profesorado de diferentes áreas e centros do Campus Terra de Lugo.
Datas
XuvenCiencia desenvolverase do 1 ao 5 de xullo 2019 no Campus Universitario de Lugo. Con programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamento. Entrada o domingo 30 de xuño, desde ás 18:00 h ata ás 21:00 h. Saída o sábado 6 de xullo, desde as 09:00 h ata as 10:30 h.
Quen pode participar?
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).
Finalidade.
Que coñezas a Ciencia e a Tecnoloxía de primeira man.
Fomentar o teu interese polas titulacións científicas, técnicas e sociais.
Facilitarche información para que poidas elixir mellor.
E, sobre todo, que fagas novas amizades e que o pases ben!

En que consiste?
Polas mañás faredes actividades prácticas e talleres relacionados coas titulacións científico-técnicas ou científico-sociais da USC nos laboratorios e aulas dos centros e dos servizos xerais do Campus de Lugo, así como en centros e empresas colaboradores.
Polas tardes, e xa en grupos moi pequenos, realizaredes un proxecto científico-técnico ou científico-social dirixido por profesorado universitario e monitores científicos. Ademais, haberá unha xincana, unha charla divulgativa, unha festa de despedida, premios e algunha sorpresa máis!
A partir das 18:00 participaredes todos en actividades lúdicas organizadas polo programa Lumieira Acompaña.
Aloxamento
O fomento da convivencia, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso, na edición deste ano, optarase por incluír o programa Lumieira Acompaña, con actividades de noite e aloxamento en residencias do Campus para todo o seu alumnado matriculado!
Dende a organización destácase que máis alá do fomento de vocacións científicas, XuvenCiencia conforma unha oportunidade única para que o alumnado coñeza e conviva con xente de toda Galicia e doutras partes do territorio español que nun futuro poden ser compañeiros de carreira. Asemade, o desenvolvemento persoal e a cooperación resultan aspectos fundamentais que dende XuvenCiencia pretenden reforzarse.
Prezo
160 € Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de tarde e de noite Lumieira Acompaña e con aloxamento.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e de noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, e o diploma de participación da USC. Ademais inclúe a pensión completa desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.
Que hai que facer para participar?
O proceso de inscrición consta de tres pasos, cada un co seu formulario electrónico dispoñible na web: https://xuvenciencia.org/campus/gl/
1. Preinscrición: Asegúrate a túa posición na lista de inscrición. Admitiranse os primeiros 100 novos e 50 veteranos para o seguinte paso da matrícula.
2. Preferencias: Indica as tuás preferencias.
3. Matrícula: Se estás na lista de admitidos/as matricúlaste e realizas o pago.
Soamente a primeira parte conta para a túa posición na lista de inscrición, non a segunda! Envía o primeiro formulario de preinscrición canto antes. Ao envialo recibirás un correo de confirmación coa ligazón ao formulario de preferencias. Responde a este formulario con calma. Tes que enviar o primeiro e o segundo formulario antes das 24:00 h do domingo, 12 de maio.
Prazos:
- 3 de maio: a partir das 15:30 h ata o 12 de maio ás 24:00 h: Enche os formularios de preinscrición e das preferencias na web.
- 15 de maio: Publicación da primeira lista de admitidos/as e da lista de agarda na web.
- 15 de maio ata o 21 de maio 24:00 h: Matrícula, se estás na primeira lista de admitidos/as.
- 22 de maio: Publicación da segunda lista de admitidos/as na web co alumnado da lista de agarda.
- 22 de maio ata o 28 de maio 24:00: Matrícula se estás na segunda lista de admitidos/as.
- 29 de maio: Terceira e última lista de admitidos/as

Atento/a ás listas na web. NON enviaran notificación por correo electrónico.
Se non reciben a matrícula no prazo de cada lista de admisión chamarán ao/á seguinte da lista de espera.
Adxudicarán as prazas na orde da recepción da preinscrición e segundo as prazas dispoñibles para alumnado novo e veterano.
https://xuvenciencia.org/campus/gl/
xuvencienciaprograma

1m2 pola Natureza 2019




1m2 pola Natureza 2019
1 m2 pola Natureza é unha vez máis a gran recollida colaborativa cidadá a nivel nacional que promove LIBERA, un día que desde a colaboración de todos busca axudar a limpar e concienciar do problema da  basuraleza nos espazos naturais do noso país.
O 15 de xuño podemos saír todos a calquera espazo natural que queiramos conservar e liberar do lixo que un día tirouse e segue abandonada, e recollela.
Un día para limpar, pero sobre todo para concienciar.
Vos  podeis unir e colaborar organizando vosa propia recollida ata o 9 de xuño enchendo o seguinte formulario e uníndovos a puntos xa creados ata o 14 de xuño.
https://proyectolibera.org/proximos-eventos/

Proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural”, edición 2019



Proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural”, edición 2019A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha unha nova edición do proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).
No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.
Obxectivos:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.
Destinatarios/as:
mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 50.
Duración: de abril a novembro de 2019.
Prazo de inscrición: do 24 de abril ao 8 de maio de 2019.
Inscricións:  mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.
Admisión:  será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.
Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.
Actividades:
1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (maio-xullo 2019). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito,  traballarase iniciativas emprendedoras, participarán  emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.
Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Lalín e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:  
- Exploración (8 sesións):  sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio.  Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
- Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico,  para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)
2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2019) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc,  que son hoxe fundamentais para a  inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana,  para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial,  busca activa de emprego...
3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a outubro de 2019.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas.
Máximo  360 h de prácticas.
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración,  as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .
4. Titorización e seguimento individual
Comezarán  a partir do mes de maio de 2019 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (novembro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a  articulación de medidas adaptadas a cada caso.
5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (novembro 2019)
Trátase da  fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados  nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas  as  oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas  as necesidades de formación que precisen.
Máis información:  roteiros.ctb@xunta.gal
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Campamentos de Verán 2019


Campamentos de Verán 2019 


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019
Servizos ofertados:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
A incorporación terá lugar o día de inicio da quenda correspondente entre as 11.00 e as 12.30 horas. A recollida terá lugar o último día da quenda entre as 16.00 e as 18.00 horas..
Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia.
Idades:
a) As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
a) Facer constar a súa condición no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.
b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.
Adxudicación das prazas
a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
Campamentos e quendas:  http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2019/anexos/gal_2019-ANEXO_IA.pdf
Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

venres, 26 de abril de 2019

Semana Europea da Mocidade 2019


Semana Europea da Mocidade 2019

Do 29 de abril ao 5 de maio celébrase a novena edición da Semana Europea da Mocidade (SEJ). Organizada cada dous anos, ten como obxectivo de dar máis visibilidade ás actividades xuvenís e a todas as oportunidades que a Comisión Europea lles ofrece. Tamén servirá para promover que a mocidade poden influír coas súas decisións na sociedade e que deben ser unha parte activa dela.
O punto de partida á Semana Europea da Mocidade darase cun gran acto central en Bruxelas os días 29 e 30 de abril. Nel reuniranse novos, asociacións e outras persoas implicadas no ámbito da mocidade. Servirá para poñer de relevo programas europeos como Erasmus+: Mocidade en Acción e o Corpo Europeo de Solidariedade.
O lema da Semana Europea da Mocidade 2019 é “A democracia e eu”. Por iso, entre as actividades programadas en Bruxelas, van ter protagonismo as relacionadas coa iniciativa “This time I’m voting” con debates e actos sobre esta iniciativa para animar aos mozos e mozas para participar nas eleccións europeas.
Se queres asistir ao acto central que se celebrará en Bruxelas, podes apuntarche nesta ligazón: https://europa.eu/youth/node/64355_es
Durante estes días tamén se celebrarán actos nos países que participan no programa Erasmus+. Estes son os países da Unión Europea, ademais de Islandia, Liechtenstein, República de Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía. A organización a nivel nacional da Semana Europea da Mocidade corresponde ás axencias nacionais de Erasmus+, coa colaboración da rede  Eurodesk.

Programa Emprega Xuventude


Programa Emprega Xuventude

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca un programa programa Emprega Xuventude a prol da contratación e formación das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.
As empresas ou as persoas empregadoras terán dúas posibilidades de obter axudas compatibles para a contratación e formación por conta allea: 
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2019.
- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación destas axudas deberán presentarse antes do 10 de xuño de 2019.
- As solicitudes das axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
Máis información no DOG do 9 de abril de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"


XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"

O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do XXXI Certame "Jóvenes Investigadores" para 2019, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, "de fronteira", ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional.
A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país, incorporando polo menos unha parte da experiencia directa no proceso de xeración do coñecemento.
Requisitos:
Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º de Bacharelato durante o curso 2017-2018.
- Os participantes deben ter nacionalidade española ou residencia legal en España, cumprir 15 anos antes do 31 de decembro de 2018 e non ter 21 anos ao 30 de setembro de 2019. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con discapacidade, sempre que cumpran o resto de requisitos.
Premios:
- Premio especial "Jóvenes Investigadores", dotado con 5.000 euros
- Seis primeiros premios, de 4.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
- Dez segundos premios, de 3.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
- Dez terceiros premios, de 2.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
- Dez accésit, de 1.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
- Sete premios aos titores de 2.000 euros cada un, para os traballos galardoados cos primeiros premios e o premio especial.
- Tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de "Jóvenes Investigadores" (EUCYS) que se celebrará no ano 2019
- Un premio especial dotado pola Universidade Politécnica de Madrid con 3.000 euros
- Un premio especial dotado pola Universidade de Málaga de 3.000 euros
- Un premio especial Fundación ONCE, dotado con 1.500 euros.
Estancias, estes premios son acumulables aos do apartado anterior:
- Un premio especial Alan Turing, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Informática de España, consistente nunha estancia cun grupo de investigación
- Un premio especial Real Sociedade Española de Física para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, consistente nunha estancia de perfeccionamento nesa área dunha semana de duración cun grupo de investigación en Madrid.
- Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estancia dun máximo de dúas semanas de duración nun dos seus centros de investigación.
- Catro estancias no  High School Students Internship Programme (HSSIP), de dúas semanas de duración, nun centro de investigación do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), en Xenebra (Suíza). Estas estancias están financiadas integramente polo  CERN.
Mencións de Honra:- Unha Mención de Honra ao profesor/a coordinador/a cuxa labor de fomento e impulso da investigación entre a mocidade fose apreciada como especialmente destacable polo xurado
- Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxa labor fose apreciada como especialmente destacable en aras do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.
- Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.
prazo para a presentación será ata o 2 de maio de 2019.
As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición da web do Ministerio de Educación

Bolsas Shuman no Parlamento Europeo


Bolsas Shuman no Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo convoca as Bolsas Shuman  
O obxectivo das bolsas Schuman é contribuír á educación e a formación profesional dos cidadáns da Unión Europea e ofrecer a posibilidade de coñecer o traballo do Parlamento Europeo.A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses.
Os solicitantes dunha bolsa Schuman: 
- deben ter máis de 18 anos de idade.
- deben posuír un título (ou máis) de nivel universitario.
- deben cumprir os requisitos lingüísticos.
- deben achegar un certificado de antecedentes penais válido.
- non traballarían máis de dous meses consecutivos nunha institución ou órgano da Unión Europea.
- non efectuarían unha visita de estudos ou para investigacións específicas menos de seis meses antes do inicio do período de prácticas.
Praza:
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro: 1 de xuño - 30 de xuño
- Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo: 1 de novembro - 30 de novembro
Os candidatos poden presentar solicitudes para tres ofertas de bolsas por período. Non se tomarán en consideración as solicitudes presentadas fóra de prazo nin as candidaturas espontáneas.
http://www.europarl.europa.eu/at-your-service/es/work-with-us/traineeships

Axudas por fillas e fillos menores de tres anos


Axudas por fillas e fillos menores de tres anos

A Consellería de Política Social convoca a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Serán igualmente beneficiarias desta prestación as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
Requisitos:
– Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. 
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS410A
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2019.
Máis información no DOG do 3 de abril de 2019 e en https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia

Quen Dixo Medo? no IES Xulián de Magariños de Negreira

Quen Dixo Medo? no IES Xulián de Magariños de Negreira
Alicia Romarís, gañadora do II Concurso de Pintura Mural QDM, que dixo medo? ven de rematar e plasmar a obra presentada ao concurso nunha parede de máis de 4 metros de ancho e 2 de alto. O lugar escollido finalmente foi o pavillón municipal de deportes, espazo que cedeu e adaptou o Concello de Negreira para que a alumna do IES Xulián Magariños, puidese levar a cabo ou mural.

Consumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?

Consumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?
A Consellería de Educación convoca a fase autonómica do concurso escolar 2018-2019 Consumópolis-14 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título «Pola túa seguridade, Sabes o que consomes?»
O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
- A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es.
- A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.
Participantes:
Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.
- Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
- Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
- Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.
Categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
–Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Premios:
- Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
- Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.
- Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores.
- Os docentes que participasen como coordinadores dos equipos premiados recibirán da Consellería de Educación un certificado de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 12 horas de formación do profesorado.
Características do traballo en equipo
- Cada equipo participante deberá deseñar, elaborar e presentar un traballo sobre consumo responsable, consistente nun produto innovador e orixinal, creado integramente polo alumnado seguindo as indicacións que xuntan. Este traballo realizarase de xeito colaborativo entre todos os membros do equipo.
O traballo consistirá en crear o prototipo ou a maqueta dun produto innovador e orixinal, xunto coa súa etiqueta e unha ficha explicativa.
As dimensións máximas do produto non excederán 50×50×50 centímetros.
Segundo a categoría de participación, cada equipo deberá elixir un dos seguintes produtos:
a) Categoría A (alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria): xoguetes, artigos deportivos (bicicletas, patíns…) ou material escolar.
b) Categoría B (alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria) e categoría C (alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria): moda (calzado, roupa, complementos), aparellos eléctricos (neveira, lavadora, aspiradora, secadora, ferro de pasar…), aparellos electrónicos (smartphone, tablet, pc, consola, dispositivo de navegación…), ou artigos deportivos.
prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 29 de abril de 2019 e a solicitude está dispoñible en https://sede.xunta.gal co código do procedemento IN114A.
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2019 e en  https://consumo.xunta.gal/gl

Contos sobre rodas


Contos sobre rodas

ALSA convoca a 19ª edición do concurso de relatos breves "Contos como unha seda".
As obras deberán ser orixinais e inéditas e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar. A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.
As obras deberán ser enviadas por duplicado á seguinte dirección: Presidente dos Xurado "Contos como unha seda" ( R/ Miguel Fleta 4. 28037 Madrid). Ou ben por correo electrónico á dirección: cuentosobreruedas@alsa.es
prazo de presentación das obras estará aberto ata o 20 de maio de 2019.
Poden participar no concurso cuantos autores deséxeno, cunha ou máis obras escritas en castelán.
Premio:  6.000 euros.
Máis información www.alsa.es

VII Concurso Escolar de Poesía

VII Concurso Escolar de Poesía
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron a sétima edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.
Haberá tres niveis de participación: 
1º ciclo da ESO (1º e 2º)
2º ciclo da ESO (3º e 4º)
Bacharelato.
As obras han de ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos ata o 18 de maio e o fallo do concurso farase público o día 31 de maio. A entrega dos premios terá lugar o día 7 de xuño nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 14 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.

XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais


XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais

A Deputación da Coruña convoca o XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)
Premios:
1º clasificado: 3.000 €
2º clasificado: 2.000 €
3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 15 de maio de 2019, ás 14:00 h
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en https://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock/

IV Concurso musical “Quero Cantar”


IV Concurso musical “Quero Cantar”

A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso musical “Quero Cantar”
 
Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.
Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade
Premios:
Premios 1ª Fase do concurso:
5 primeiros clasificados en cada categoría: Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría: 
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000 €.
3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 500 €.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de outubro de 2019, ás 14:00 h..
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en www.querocantar.gal

Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero

Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal 
prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de marzo.

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.
Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.
Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 30 anos 
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.
As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.
Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.
Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2019:
Días 15, 16 e 17 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Albergue xuvenil de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 15 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 e 31 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 29 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 31 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 22, 23 e 24 de marzo:
Zona: RESERVA DA BIOSFERA FRAGAS DO MANDEO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 22 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 5, 6, 7 de abril:
Zona: PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento: 
 Hostal Áncora r/ Alcalde Fernández Bermúdez 5, 15950 Ribeira
 Hora de chegada 19:00 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Formulario de inscrición
Días 5, 6 e 7 de abril:
Zona: ILLA DE SÁLVORA (máximo 10 persoas)
 Punto de encontro: Peirao de Aguiño, 15965 Aguiño (Ribeira)
 Hora de chegada: 17:30 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 12, 13 e 14 de abril
Zona: PARQUE NATURAL DE BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: Centro de interpretación do Parque Natural de Baixa Limia- Serra do Xurés , Estrada de Portugal 34,  32870 Lobios (Ourense): goo.gl/maps/4tdNLWgtVuK2 
 Hora de chegada 19:00 do día 12 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 14 de abril
 Aloxamento: en Muiños, 
 Formulario de inscrición
Días 17, 18,19 e 20 de abril (Semana Santa)
Zona: PARQUE NATURAL DE ANCARES (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro e aloxamento: Mesón Novo, Campa da Braña, Os Ancares, 27664 Cervantes
 Hora de chegada 20:00 do día 17 de abril ou 10:00h do 18 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 20 de abril
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 de abril, 1, 2 e 3 de maio:
Zona: ILLA DE CORTEGADA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Carril
 Hora de chegada 10:00 do día 29 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 3 de maio
 Formulario de inscrición
Días 6,7,8 9 e 10 de maio:
Zona: ILLAS CÍES (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Vigo, Rúa das Avenidas 1, 36202 Vigo
 Hora de chegada 10:00 do día 6 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 10 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 13, 14, 15, 16 e 17 de maio:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 13 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 20,21 22 23 e 24 de maio:
Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 20 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
 Día 31 de maio, 1, 2 de xuño:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 19:00 do día 31 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 2 de xuño
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Día 25 de maio:
Zona: PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e catalogación
 Punto de encontro:
 Centro de visitantes do P. N. Serra da Enciña da Lastra, Praza dos Bolos s/n Biobra, 32004 Rubiá 
 Hora de chegada 10:00 do día 25 de maio
 Hora de regreso: 19:00h do 25 de maio
 Formulario de inscrición