martes, 29 de xaneiro de 2019

Recoñecemento das competencias profesionais

Recoñecemento das competencias profesionais Recoñecemento das competencias profesionais

21 Xan 2019
A Consellería de Economía convoca un procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1.350 prazas:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas.
- Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
- Docencia da formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas.
- Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española, ser residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º No caso de experiencia laboral:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2) Para as unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º No caso de formación non formal:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 1, xustificar polo menos 200 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de febreiro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR305A
Máis información no DOG do 21 de xaneiro de 2019.
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario