A Asociación Cultural FICBUEU abriu o prazo para presentar obras ao 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro.
A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do un de xaneiro do 2018, podendo concorrer creadores de calquera nacionalidade a condición de que cumprisen os 18 anos de idade.
Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidos curtametraxes que xa se presentaron en edicións anteriores.
Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún deles ou en inglés. A película poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia dixital para a súa proxección.
As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma shortfilmdepot. com, onde se especifican as condicións de envío.
As obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2019 ás 14:00 h.
Dotación
As curtametraxes participantes na Sección Internacional optarán aos seguintes galardóns:
- Primeiro premio "Ánfora de ouro": 2.000 euros e trofeo.
- Segundo premio "Ánfora de prata": 1.000 euros e trofeo.
- Premio do público: 500 euros e medallón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario