A Axencia de Turismo de Galici convoca subvencións para proxectos orixinais de dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural que anticipe a celebración do Xacobeo 2021, para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.
Beneficiarios/as:
Liña 1: concellos, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e deputacións provinciais de Galicia.
Liña 2: persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

As solicitudes realizarase preferentemente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co procedemento TU300A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de xaneiro de 2019 e en http://www.turismo.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de xaneiro de 2019 e en http://www.turismo.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario