Convócanse 20 prazas para participar, durante 13 días, no "High- School Students Internship Programme (HSSIP)".
Requisitos:
- Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 4º curso de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", do sistema educativo español.
- Ter cumpridos 16 anos con anterioridade á data de inicio do desenvolvemento do Programa, 29 de setembro de 2019.
- Obter unha nota media de 10,00 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2017-2018. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.
- Estar en posesión de titulación ou certificación de, polo menos, Nivel B1 de inglés, conforme á escala establecida no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Datas:
O "High- School Students Internship Programme (HSSIP)", desenvolverase entre o 29 de setembro e o 12 de outubro na sede do CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear, en Xenebra (Suíza).

Contía da axuda:
CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear, financiará os gastos seguintes:
- Ata 500 CHF (francos suízos) por axuda en concepto de viaxes, incluíndo ida e volta. Este importe é o importe máximo que cobre CERN, polo que se o total do custo da viaxe de ida e volta fose superior, a diferenza será por conta do/a participante no programa.
Aloxamento en cuarto dobre, nas instalacións do CERN en Xenebra.
- Ata 36 CHF para manutención por persoa e día, mediante vales de comida ou documento similar.
- Pase/tarxeta do transporte público de Xenebra, durante as dúas semanas de duración do Programa.
- Materiais para o desenvolvemento do Programa.

Os/ as participantes viaxarán acompañados/ as, desde o punto que a organización determine como punto tanto de encontro para iniciar a viaxe de ida a Xenebra como de finalización do mesmo ao seu regreso a España, por dous docentes que lles acompañarán e guiarán durante o desenvolvemento do Programa.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 13:00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019
Solicitudes: www.campuscientificos.es
Solicitudes: www.campuscientificos.es
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario