martes, 18 de decembro de 2018

28º Certame de narracións breves Manuel Murguía

 
 

28º Certame de narracións breves Manuel Murguía

 
O Concello de Arteixo publica as bases do 28º Certame de narracións breves “Manuel Murguía”
BASES :
Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4
Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a doble espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.
As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” antes do 15 de febreiro de 2019 ao seguinte enderezo:
Concello de Arteixo
Praza Alcalde R Dopico 1
15142 Arteixo
A Coruña
Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000 €, un segundo de 500 € e un terceiro de 300 €.
Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.
Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo dun mes a partir do ditame.
No caso de que o Concello edite os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.
BOP da Coruña do 4 de decembro de 2018
http://www.arteixo.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario