martes, 19 de marzo de 2019

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegasXXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras. Cursos de galego destinados a persoas de fóra de Galicia Niveis: elemental, medio e superior Datas: 2-24 de xullo de 2019 Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2019. O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal Bolsas: A organización ofrece 48 bolsas por un importe de 350€ para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 500€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica. http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1652211&name=DLFE-19035.pdf

XXXII Cursos de verán de lingua e cultura galegas
Galego sen fronteiras. Cursos de galego destinados a persoas de fóra de Galicia
Niveis:  elemental, medio e superior
Datas:  2-24 de xullo de 2019
Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos.
O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2019.
O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal
Bolsas:  A organización ofrece 48 bolsas por un importe de 350€ para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 500€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

Curso de Primeiros Auxilios en Santiago de Compostela


Obxectivos
Coñecer os fundamentos dos Primeiros Auxilios, e a terminoloxía básica de anatomía.
Saber aplicar correctamente as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).
Aplicar correctamente técnicas básicas para poder actuar ante situacións de urxencia: feridas, traumatismos, queimaduras e accidentes con máis dunha vítima.
Saber mobilizar correctamente unha persoa ferida.
Programa
Socorrismo: aspectos xerais.
Autoprotección. Seguridade na intervención.
Avaliación inicial.
Soporte Vital Básico. Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).
Hemorraxias e Shock.
Feridas e contusións.
Queimaduras e alteracións da termorregulación.
Traumatismos osteoarticulares.
Traumatismo cranioencefálico, columna e politraumatizados.
Outras situacións de urxencia.
Urxencias maternoinfantiles e pediátricas.
Mobilización e evacuación de feridos.
Intervención en accidentes con múltiples vítimas.
A Caixa de primeiros auxilios
Máis información:
Cruz Vermella Española 
Av. Lugo,42. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 69 69 
www.cruzvermella.org   
www.facebook.com/Cruz.Vermella.Santiago 
www.twitter.com/cruzvermella

Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa


Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa
O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Dotación:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, A Liña da Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartaxena.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html

Bolsas para idioma en Letonia


A Axencia  Letona para o Desenvolvemento da Educación Pública convoca bolsas de estudo e investigación para o ano académico 2019/2020 así como bolsas para escolas de verán 2019.
prazo estará aberto ata o 1 de abril de 2019

Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero



A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal 
prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 14 de marzo.

IV Concurso musical “Quero Cantar”


IV Concurso musical “Quero Cantar”
A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso musical “Quero Cantar”

Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. 

En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.
Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade
Premios:
Premios 1ª Fase do concurso:
5 primeiros clasificados en cada categoría: Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría:
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000 €.
3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 500 €.
O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de outubro de 2019, ás 14:00 h..
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en www.querocantar.gal

XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”
A Deputación da Coruña convoca o XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e
que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro
premio ou certame.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil
ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na portada a seguinte
inscrición: XIII Premio “Raíña Lupa”, de Literatura Infantil e Xuvenil, título da obra e lema ou pseudónimo; o tratamento de
texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados,
tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada nun sobre á parte; no exterior do sobre figurará
o título da obra e o lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo,
teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi
premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 5 de abril de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/lupa/