venres, 8 de febreiro de 2019

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa

30 Xan 2019
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a súa residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. Os estudos conducentes a obtención do título deberon terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas e poderanse realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago de Compostela ou onde esta indique.
O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:
a) Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 15.949,08 €.
b) Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.
c) Seguridade Social: 490,92 €
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2019 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

28 Xan 2019
A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso académico 2018-2019, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.
Requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta, situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, vítimas de violencia de xénero, vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2018/19. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019.
c) Estar matriculado, no curso académico 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2019 multiplicada por 1,50.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Prazos:
-Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019.
-Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Mathex

Mathex

Mathex

30 Xan 2019
Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex (https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.
A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX creado polos matemáticos John  Nash e  Piet  Hein, que se presenta combinado con preguntas relacionadas con esa disciplina dende moitas ópticas, que pasan pola resolución de problemas ata preguntas sobre historia, cunha parte moi destacada dedicada ás mulleres matemáticas.
O obxectivo do xogo é completar un camiño de baldosas que conecten co lado oposto do taboleiro. Para ‘conquistar’ cada baldosa haberá que responder correctamente a pregunta no tempo permitido; en caso contrario non se avanzará. Gañará quen consiga que o seu avatar sexa o primeiro en completar o camiño entre os dous lados.
https://mathex.games/

...para non perderse na ABAU...

...para non perderse na ABAU...

...para non perderse na ABAU...

30 Xan 2019
Si estás cursando 2º de bacharelato e queres acceder á universidade, aquí podes informarte sobre a ABAU... Avaliación de Bacharelato para o Acceso ás ensinanzas Universitarias
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de ABAU:
   Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
   Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12
A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida.
Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación; neste caso deberán examinarse da totalidade das materias que configuran a Parte Obrigatoria da ABAU.
Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que sexa superior á anterior.
Aos efectos da súa ponderación, as cualificacións das materias troncais de opción na Parte Voluntaria da ABAU e a da materia troncal de modalidade na Parte Obrigatoria da ABAU, terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas.
Como se califica e como se calcula a nota de corte?: http://ciug.gal/PDF/cualifabau18.pdf
Estructura da proba: http://ciug.gal/PDF/estabau18.pdf
Ponderación de materias: http://ciug.gal/PDF/pond19.pdf
Exames de cursos pasados: http://ciug.gal/exames.php
Máis información:   http://ciug.gal/index.html

Coaching the Learning process for volunteers

Coaching the Learning process for volunteers

Coaching the Learning process for volunteers

29 Xan 2019
A Axencia Nacional Española (ANE) do programa Erasmus+: Mocidade en Acción, a través da plataforma Salto-Youth, convoca o curso “Coaching the Learning process for volunteers (European Solidarity Corps & Erasmus + Volunteers)” que busca crear un espazo para entender como funcionan os procesos de aprendizaxe no campo do voluntariado.
Requisitos:
Ser maior de 18 anos e traballar no ámbito da mocidade, ser mentores ou  exvoluntarios. Capacidade de comprensión e comunicación en inglés xa que o curso desenvólvese neste idioma.
O curso desenvolverase do 5 ao 11 de marzo de 2019 no Centro  Eurolatinoamericano de Mocidade (Ceulaj), situado en  Mollina (Málaga).
Obxectivos específicos do curso:
- Compartir preguntas, dúbidas, retos, erros, éxitos, consellos e experiencias entender e analizar os nosos procesos anteriores de aprendizaxe.
- Descubrir o Mono- Myth (Hero´s  Journey), como unha forma de entender as fases polas que pasan os voluntarios durante este proceso de aprendizaxe, e entender os momentos clave tanto para os mentores como para os voluntarios.
- Intercambiar exemplos de boas prácticas sobre as experiencias de aprendizaxe durante o tempo de voluntariado e a utilización do certificado  Youthpass, relacionados co estudo, a  empregabilidade e a competencia en diferentes aspectos relevantes da vida adulta (traballo, familia, compromiso cívico, etc.)
- Xestionar a implementación posterior dos resultados desta actividade no seu futuro traballo cos voluntarios, tendo en consideración a súa propio ambiente de traballo e as súas propias características.
A ANE cobre os gastos de aloxamento e manutención durante o curso así como as viaxes excluíndo os desprazamentos locais (domicilio a estación ou aeroporto). A xestión dos billetes das persoas seleccionadas farase desde a ANE, polo que non se reembolsará ningún billete adquirido por outro medio.
Prazo de inscricción: ata o 10 de febreiro de 2019
https://www.salto-youth.net/tools/european-training-calendar/training/coaching-the-learning-process-for-volunteers-european-solidarity-corps-erasmus-volunteers.7731/

Correspondentes Xuvenís do IES María Soliño de Cangas

Correspondentes Xuvenís do IES María Soliño de Cangas


O equipo de Correspondentes do IES María Soliño de Cangas está formado por Icia, Noa, Amara, Candela, Eva, Borja, Iria Lú, Paula, Emilio, Daniel, Raúl e Sara.
Son os e as encargados de informar aos seus compañeiros/as das novidades. Parabéns polo traballo!!!

Correspondentes Xuvenís do IES Monte Carrasco de Cangas

Correspondentes Xuvenís do IES Monte Carrasco de Cangas
O equipo de Correspondentes do IES Monte Carrasco enviannos unha fotografía cos carnés xoves recibidos.
Aquí podedes consultar os descontos, o seguro de viaxe e as vantaxes do carné xove: http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove